martes. 03.06.2025
El tiempo

Fin de semana electoral

Fin de semana electoral

Doble sesión de presentación no seo dos BNG e PSOE comarcais (o BNG da zona de Bergantiños e o PSOE Costa da Morte). Ambos facían a presentación oficial dos seus candidatos, e ambos contaban con membros importantes dos seus partidos.

Se ben estes comicios municipais do 22 de maio deixan aos representantes locais bastante marxe, ambos preferiron facer unha presentación conxunta para dar unha imaxe de unidade.

O PSOE, coordinado comarcalmente por Nieves Lema, escolleu Baio para facer a súa presentación Os representantes de Zas, Fisterra, Dumbría, Muxía, Camariñas, Cee e Corcubión explicaron parte do seu programa ao, entre outros, Ministro de Xustiza.

Pola súa banda, os voceiros da comarca de Bergantiños do BNG, coordinados por Vítor Recarey Añón, queixo amosar unha "visión política por enriba dos localismo" cunha presentación na marxe do río Anllóns dos representes de Malpica, Laxe, Cabana, Ponteceso, Coristanco, A Laracha e Carballo.

A fin de semana tamén acolleu as presentacións do BNG de Vimianzo e dos PSOE de Ponteceso e do PSOE de Fisterra.

Máis información

Poden ollar as crónicas das presentación en:

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios