Finde de Barca, Barquiña, Pataca, Milagros e moito máis
Queda pouco para o remate do verán (a traca final aínda será para a finde que vén co Asaghieiras, o Xiria Pop, e tamén as festas de Cambeda, ou a Santiña de Trasufre), pero esta fin de semana está cargada de festas.
A Romaría da Virxa da Barca e a Barquiña de Ponteceso son as grandes citas, pero na Axenda de Festas tamén temos como grandes reclamos a Festa da Pataca de Coristanco, as Festas das Dolores de Carnota, as Festas de Castriz, as Festas de Colúns. Non podemos esquecer tamén a Romaría dos Milagros de Caión, unha das romarías que máis feligreses xunta na comarca de Bergantiños.
A Barca
Por Muxía xa vai avanzada unha das únicas Festas interese Turista Nacional da comarca. Ata o luns haberá lío festexeiro (coa Olympus e os Satélites como grandes verbenas, pero a gran cita será a gran romaxe do vindeiro domingo 15.
Neste evento hai multitude de propostas lúdicas a veciños e visitantes cunha gran sesión de incendios artificiais (sábado 14) e a maior explosión de bombas de toda Galicia (domingo 15) como unha brillante culminación. Asemade, sesións vermú, pasarrúas, picadiscos e concertos amenizaranse todos os días.
A Barquiña
Por Ponteceso, temos troula ata o martes! As sesións vermú, os pasarrúas e as verbenas serán as protagonista.
Festa da Pataca de Coristanco
A 42ª edición da festa do tubérculo máis famoso de Bergantiños volve enfocada ao pincho, cunha marea de obradoiros e degustacións, e a gran cita do desfile de tractores engalanados da mañá dominical. Aquí vai o programa:
Romaría dos Milagros de Caión
O domingo pola mañá ten lugar unha das romarías que máis romeiros xunta na comarca de Bergantiños.