Sábado. 05.10.2024
El tiempo

FIOT e moito máis para a primeira #AxendaCostadaMorte de outubro

Imaxe do comezo do Fiot 2019-Foto- vanessa rabade
Imaxe do comezo do Fiot 2019-Foto- Vanessa Rábade
FIOT e moito máis para a primeira #AxendaCostadaMorte de outubro

Primeira fin de semana de outubro e chega unha #AxendaCostadaMorte cargada de cultura. Co foco posto no FIOT, as propostas que recollemos son diversas, pero antes tomamos nota de como vén o tempo.

Parte de Meteogalicia

Esta tarde de venres teremos bastantes nubes pero irase clarexando o ceo. O sábado teremos os ceos tamén algo anubrados pola mañá, e tampouco abrirán pola tarde pola chegada dunha fronte bastante desfeita, que poderá deixar algunha precipitación durante a madrugada. O domingo iremos recuperando a influencia anticiclónica con apertauras de claros contra a tarde. As temperaturas manteranse, cun pequeno descenso esta noite de venres a sábado. E no mar non imos ter ningún tipo de aviso.

FIOT: de rúa, sala, e bares

Xa temos o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo a pleno rendemento. Comeza a programación de sala, ponse en marcha a proposta gastronómica do Dalle un Bocado ao FIOT e chegan varias estreas. Carballo será o auténtico epicentro cultural da fin de semana, e de todo o mes, na Costa da Morte.

Dúas festas por Bergantiños

A fin de semana déixanos doble sesión de verbena de altura:

- As Festas de San Breixo de Oza, en Carballo trae a París de NOi a a noite de venres.

- As Festas do Rosario de Cerqueda, o sábado con El Combo.

Citas culturais

Ademais das citas festexeiras, teremos tamén:

- A fin de semana abre o venres en Santa Comba co comezo do Ciclo de Monólogos RiXallas, da man de Marcos Pereiro.

- A noite do sábado teremos un espectáculo de flamenco en Cee.

- E Muxía, Comarea abre o sábado as súas sesións de Cea e música no Rincón da Baiuca.

- Unha das actuacións paralelas máis interesantes será a chegada do espectáculo Raigame, de Ximiela, a Vimianzo, na noite do sábado no comezo da programación de Outono da Casa da Cultura de Vimianzo.

E por completar a noite sabatina vimiancesa, á medida noite, o O Celme Café tamén abre a temporada de convertos con Los Presentes.

Outras citas singulares

- O sábado terá lugar a presentación do Motoclub Moteir@s Amig@s de Carnota.

- O domingo pola mañá comeza o Outonno en Marcha de Senda Nova cun roteiro por Razo-Baldaio.

- O domingo pola tarde, nova cita familiar no Outono Rebuldeiro de Vimianzo.

EXPOSICIÓNS

  • Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Liresca.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición de Mon Lendoiro ata o 31 de outubro, de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • Galería Garabato de Carballo acolle a exposición Photografismos de Eduardo Ermida dende o sábado 21 de seyembro ata o 30 de outubro.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios