Sábado. 13.04.2024
El tiempo

Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país

Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país
Cursos como o que está a impartir en Vimianzo o traballador da Galinus Taller de Novos Medios, Javier Mosquera, son os que tratan de que a fenda dixital non sexa tan grande. Esa separación xeracional, esa separación entre as zonas urbanas, tecnoloxicamente avanzadas, perante a realidade do rural galego, que segue case que sen conexión, é un bo cabalo de batalla para a vangarda tecnolóxica de Galicia. A empresa corcubionesa adicada ás novas tecnoloxías xa foi finalista no Premio de Inclusión Dixital de Eganet, polo propio proxecto de Quepasanacosta, que leva máis de 3 anos (ata chegar ao millón de visitas) dando argumentos a poboación para dixitalizarse.

Eganet contra a fenda dixital

Entrementres, o xerente da empresa e vicepresidente da Asociación de Empresas Galegas adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías, Daniel Cerqueiro, participará no II Congreso TADEGa Prácticas Dixitais para Atención da Diversidade, que terá lugar os 11 e 12 de febreiro no Auditorio Municipal de Ourense. Cerqueiro, participará como representante do sector TIC galego en loita contra a fenda dixital humana. Eganet, asociación implicada coa integración de todas aquelas persoas con risco de exclusión na Sociedade da Información e consciente dos beneficios e facilidades que as TIC procuran á poboación, apoia e colabora neste evento organizado por TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega), asociación coa que comparte o compromiso por asentar as bases dunha Sociedade da Información plenamente accesible e sen exclusións. Haberá que traer esta clase de congresos á Costa da Morte...

Novas relacionadas

Vídeos de Galinus.tv

Fonte

Comentarios