Sábado. 07.12.2019
El tiempo

1 millón de visitas, 1 millón de gracias

1 millón de visitas, 1 millón de gracias

Este luns 7 de febreiro de 2011, tras 3 anos e medio de vida, o portal dixital quepasanacosta.gal vén de recibir a visita número 1 millón. E coma sempre, só podemos darvos as gracias por facer deste proxecto unha realidade.

Unha cifra salientable, que vén a refrendar a nosa situación como referencia informativa na Costa da Morte, dando argumentos á veciñanza á que se sumerxa na rede. Máis de 235.000 usuarios únicos visitaron o noso diario, e diariamente xa son máis de 2.000 os lectores que nos seguen dende aquí e dende alá.

Crecimento constante

QPC non parou de crecer. Dende aquelas 200 visitas diarias durante os primeiros meses do outono de 2007. Pasando polas 500 do primeiro semestre do 2008. Pegando un salto no último trimestre do 2008 gracias á incorporación de Óscar Santos como Xefe de Deportes, demostrando a nosa definitiva aposta polo fútbol da Costa.

O crecemento seguiu sendo constante no 2009, avanzando ao ritmo da bisbarra e dándolle argumentos a toda a poboación para usar as novas tecnoloxías. E o 2010 servíu para afianzarnos como un dos medios máis relevantes e seguidos de toda a Costa da Morte, tendo máis de 2.000 lectores diarios e creando unha auténtica comunidade submariña.

O acto de presentación do pasado mes non fixo máis que reafirmar o compromiso deste diario polo desenvolvemento da bisbarra. Ollar a diversidade de personalidades que reuníu QPC no Restaurante As Hortensias de Corcubión demostraron que chegamos a todos os sectores e salvamos calquer rango social.

No gráfico de Google Analytics, que nunca minte, podemos comprobar o constante crecemento de QPC.

Novas relacionadas

Vídeos de Galinus.tv

Fonte

Comentarios