Martes. 10.12.2019
El tiempo

2010, un gran ano para QPC

2010, un gran ano para QPC
É sen dúbida este 2010 o ano de maior crecimento de QPC nos seus 3 anos de vida. Dende agosto de 2007, esta humilde redacción trata de chegar a todas as casas da Costa da Morte, como sabedes, coa vosa axuda. I é que seguimos crendo no Xornalismo Cidadán, e para iso vós sodes protagonistas.

Constante crecemento

A comunidade QPC segue crecendo, como o fai dende o día do seu nacemento. Lonxe quedan aquelas 300 visitas diarias do primeiro ano. Ou aqueles picos de 900 os días de fútbol do segundo ano. Xa son máis de 2.000 as visitas que chegan a QPC diariamente, que contando con que a costa da Morte só unha incidencia dp 17% de internet nas nosas casas, é un dato real e a ter moi en conta. Xa son uns 112.000 usuarios os que forman parte da familia QPC. Neste 2010 o diario recibe un 36% máis de visitas que no 2009, e un 24% de páxinas vistas, o que reflicte que seguimos en boa liña ascendente.

Novo QPC

Lembraremos este 2010 ademais por ter rematado (aínda lle quedan retoques e o Departamento Técnico de QPC segue pulindo detalles) o Novo QPC. Agardemos que vos guste o novo deseño. Normal é ter un lixeiro rexeitamento inicial pero cremos que de contado nos iremos acostumando. E nunca olvidaremos o día da presentación, o primeiro acto público de QPC, no que puidemos ver que este diario chega a todos os estratos sociais e recunchos da bisbarra.

Servizos

A posta clara de todos os servizos que ofrecemos é outra das cousas que nos permite rematar moi ledos este 2010. Servizos como Axenda Costa da Morte, Salvacadelos, os Horarios de Autobuses, Recunchos da Costa, ou o Boletín da radiONeria.

Un recoñecemento para pechar o ano

E para pechar o ano, que mellor que un recoñecento público. Así tomamos o feito de ser finalistas nos Premios Eganet. De entre 64 proxectos presentados á categoría de Inclusión Dixital, QPC estivo entre os 4 máis senlleiros do país.

Crecemento nas redes sociais

E se aínda non nos atoparon por aí, xa nos están buscando. Temos máis de 1.500 siareiros en Facebook e máis de 1.000 no Tuenti. Suxiran a nosa páxina aos vosos amigos para que a comunidade QPC siga crecendo. E como repetimos unha e outra vez no Acto de presentación no Novo QPC, Moitas gracias a todos por facer posible este proxecto. Un proxecto que sería completamente inviable sen a axuda de todos os que estades do outro lado da pantalla participando, enviando información, apuntando eses erros… Moitas gracias! E por certo, apuntamos que esta semana QPC estará en réxime de semivacacións ata a vindeira semana. I é que toda a familia Galinus ten xira...

Novas relacionadas

Vídeos de Galinus.tv

Fonte

Comentarios