Venres. 29.03.2024
El tiempo

Galiza Nova da Costa da Morte renova aos seus dirixentes

Galiza Nova da Costa da Morte renova aos seus dirixentes
galiza-nova-costa-da-morte Pablo Álvarez é dende o pasado sábado o responsable da organización na Costa da Morte Pablo Álvarez Caamaño (de 21 anos e estudante de ciencias políticas) está dende o pasado sábado ao fronte da organización xuvenil nacionalista Galiza Nova, tomándolle o relevo a Antía Ínsua. Con el estará Noela Rial - como vicerreponsable -, e Tomás Facal na área de organización. “Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa terra. Debemos ter en conta que nos tocou vivir un tempo nos que estamos a estudar sabendo que o futuro cerca da casa é moi difícil, mais iso ten arreglo se entre todas e todos somos quen de reverter as políticas neoconservadoras coas que nos levan castigando dende fai ben tempo”, sinalou Pablo Álvarez. Nas próximas semanas a organización comezará o traballo cun reparto nos institutos e unha festa de presentación en Cee. As redes sociais da organización será a principal canle de comunicación para dar a coñecer as súas actividades que están abertas a toda a veciñanza. Fonte

Comentarios