O GDR aprobou 5 novos proxectos que crearán 2 postos de traballo
A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR revisou as solicitudes presentadas ata o pasado mes de xaneiro ao Programa Leader 2014-2020. Aprobou 5 proxectos que supoñenun investimento de case 1 millón de euros, e unha axuda concedida de 270.000€, tras unha importante baixada de orzamento. 5 proxectos que suporán a consolidación de 23,85 unidades de traballo-ano (UTAs) e a creación de 2 novos UTAs.
Os Proxectos Produtivos Seleccionados son:
- 1.- Pensión Rústica en Zas, en A Braña – Lamas (Zas). O orzamento admitido ascende a 239.694,46€, e o importe da axuda sitúase nos 85.810,62€.
- 2.- Modernización de empresa de produtos químicos, no polígono industrial de Carballo. O orzamento admitido ascende a 553.911,87€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.
- 3.- Proxecto de ampliación e mellora de tenda agraria, en Pazos (Ponteceso). O orzamento admitido ascende a 125.676,62€, e o importe da axuda sitúase nos 40.216,52€.
- 4.- Mellora empresa de instalacións eléctricas, en Quintáns (Muxía). O orzamento admitido ascende a 79.523,14€, e o importe da axuda en firme sitúase nos 7.018.83€, e tamén queda na lista de agarda con 16.678,47€.
Ademais, o único proxecto non produtivo aprobado é a Recuperación e Consolidación do Muiño de Pedra Vixía, en Gomarís -Lamas (Zas), que conta cun orzamento admitido ascende a 15.967,59€, e unha axuda de 10.666,35€.
Quedan na lista de agarda unha Casa de Turismo Rural en Cillobre (A Laracha), un Hotel de 2 estrelas en Corcubión, o Campamento Turístico – Ondas do Mar (Cee) e a construcción dunha nave industrial adosada para Comercio Maior de Maquinaria Agrícola (Carballo).
Outros 4 proxectos quedaron excluídos por desistencia dos promotores ou por non presentar a documentación requirida.
A reunión serviu para unir unha nova empresa á Marca Costa da Morte – Terra Atlántica, e para aprobar a adhesión do Concello de Coristanco ao GDR.