As guías personalizadas de 20xvinte ensinan a outra Costa da Morte

Son moitas as guías que hai no mercado sobre a Costa da Morte. Un tipo de promoción necesario para cubrir un mercado de visitantes que chegan sen terse mergullado e debullado a información útil na inmensidade da rede. Esta de 20xvinte ten un aire especial, un xeito de contar, o máis importante, da man de voces singulares da nosa comarca.
Persoas como Dani Lema (Dafit), José A. García Montes (Buceo Malpica), Ana Abad (ilustradora), Dolores Caamaño (artista), Charo Fdez (vendedora), Pablo Otero (técnico), Damián Álvarez (modelo), Patricia García (xornalista), Marcos Rodríguez (fotógrafo), Javi Mos (especialista web), Tania Carreira (turismóloga), Patricia Ponte (turismo), Jesús González Cerbán (empresario), Mariña Bello (marketing), Dani Rodríguez (percebeiro), Bárbara García Iglesias (estudante), ou Xosé Manuel Rey (avogado), foron as ecollidas por Alberto de Alvientoo, e son as que nos levan por todos os Concellos da comarca.
E todo gracias aos 8 concellos colaboradores (Cee, Muxía, Malpica, Carballo, Vimianzo, Laxe, Camariñas, Carnota) , e as empresas patrocinadoras que permiten haia 10.000 guías por toda a bisbarra espallando as nosas riquezas básicas.
Podes atopalas en case que 70 establecementos hoteleiros da Costa da Morte, e en as 7 oficinas de turismo dos Concellos que colaboraron coa iniciativa. Pero ademais todas as guías de 20xvinte se poden descargar gratuitamente da nosa web www.20xvinte.es.