Venres. 19.04.2024
El tiempo

Hoxe xoves, Camila Bossa nos #DirectosQPC

directosqpc Camila Bossa
Hoxe xoves, Camila Bossa nos #DirectosQPC

Hoxe volven os #DirectosQPC e fano coa actriz galega Camila Bossa. Unha desas facianas do audiovisual galego que levan con nós dende os anos 90, e que son parte da nosa identidade e cultura televisiva.

Faremos un completo repaso á súa carreira, preguntarémoslle pola súa relación coa Costa da Morte, a afondaremos no novo proxecto no que se ten metido, e que este venres ve a luz, da man da singular banda Aparato (@aparato_insta).

Estaremos ás 19.30h en directo na Páxina de Facebook de “Que pasa na Costa” que, por certo, vén de superar os 28.000 siareiros.
E coma sempre, de seguido subiremos a entrevista ao Youtube e á web.

Outros DirectosQPC

Comentarios