Incautan varios quilos de percebes por un valor de 3100€
20:00 26/04/16
A calidade e a frescura dos percebes incautados fai que tivesen un valor de 3100 euros na lonxa
Dentro dunha operación contra o furtivismo na Costa da Morte, axentes da Garda Civil do Seprona identificaron a catro persoas que viaxaban a bordo dunha lanxa neumática despois de comprobar que tiñan percebes extraídos de forma ilegal. Os feitos tiveron lugar nas inmediacións do Porto Exterior.
Durante as labores de vixianza, os axentes detectaron movementos por parte de unha das embarcacións neumáticas que tratou de "non levantar sospeita", segundo indica nunha nota de prensa a Garda Civil. Unha vez no porto de Sorrizo, no concello de Arteixo, os compoñentes da embarcación esconderon o percebe ilegalmente extraído entre a vexetación, sacando a continuación a embarcación da auga e cambiándose de roupa. Foi nese momento, cando os sorprendeu unha patrulla do Seprona.
Unha vez identificados os catro ocupantes da lancha, os axentes do Seprona solicitaron o apoio da patrulla de seguridade cidadá de Arteixo, dados os "innumerables antecedentes delictivos dos individuos", segundo informa a Garda Civil. Posteriormente procederon á incautación dos traxes de inmersión empregados, das artes de pesca, dos percebes e da lancha que xa perforara previamente un dos ocupantes nun momento de ira.
O material incautado entregouse ao servizo de Gardacostas
Unha vez no acuertelamento de Arteixo, procedeuse a pesar e a valorar os percebes incautados, tirando un total de 52 quilos, que puideron ser vendidos na lonxa por un total de 3100€, dada a súa calidade. O material incautado entregouse na residencia de anciáns de Santa Teresa de Jornet e o resto de material ao servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
- 14-12-15: Requisados máis de 1.200 quilos de peixe e marisco nas costas galegas
- 11-06-13: Novo ataque contra o furtivismo en Malpica, Corme, Laxe, Fisterra e Muros
- 13-05-13: Máis de 180 kilos de marisco e peixe incautados en Lira e Corcubión
- 06-02-13: 1000 quilos de peixe de Camariñas requisados en Vimianzo.
- Redacción QPC ([email protected])
- Seprona