mércores. 06.08.2025
El tiempo

Máis de 25 nenos e nenas participan na Escola Ambiental de Senda Nova

Máis de 25 nenos e nenas participan na Escola Ambiental de Senda Nova
Participantes nunha das actividades da Escola Ambiental de Senda Nova Participantes nunha das actividades da Escola Ambiental de Senda Nova Con pouco máis dun mes en funcionamento, a cuarta edición da Escola Ambiental Senda Nova xa é un éxito. Neste ambicioso proxecto da asociación ecoloxista participan alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria no que durante oito meses - de novembro a xuño - o equipo de voluntarias e voluntarias de Senda Nova organizan distintas actividades co fin de achegar aos máis novos á súa contorno natural e cultural. Rutas de sendeirismo interpretativas, sesións de aula, dinámicas na natureza,... son algunhas das actividades que se realizan dentro do programa de Escola Ambiental. No que vai de curso xa se realizaron varias destas accións cos 25 nenos e nenas que forman parte do grupo. A Escola Ambiental de Senda Nova ten como principal obxectivo sensibilizar á poboación máis nova da importancia da súa contorna natural e cultural e, ao mesmo tempo, realizar algún tipo de actividade física no medio natural máis próximo. "É imprescindible que a suma de esforzos que fan que actividades como esta saian adiante, sigan manténdose e medrando día a día"; indican dende Senda Nova. Xa que segundo a organización esta escola ambiental é posible grazas á colaboración de institucións como o concello de Carballo, a Deputación da Coruña. Ademais dos propios alumnos e alumnas da escola, familiares e a todo o elenco de monitores e colaboradores. Os interesados en participar no programa ainda están a tempo de inscribirse. Máis información
  • sendanova.org
  • No número de teléfono: 696155232
  • Ou no correo electrónico: sendanova@hotmail.com
Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Senda Nova

Comentarios