Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Máis dun ano sen pediatra en Carballo

Máis dun ano sen pediatra en Carballo
Centro de Saude de Carballo

En Cee fixo falta unha enorme mobilización cidadá para conseguilo, e aínda seguen en loita. En Carballo, a pesar das numerosas queixas da CIG, xa levan máis dun ano leva de baixa unha das pediatras do Centro de Saúde de Carballo, sen que fora substituída durante todo ese tempo.

Así, os seus pacientes son distribuidos entre os outros pediatras do centro. Hai xa varias semanas que o Xerente da Área Sanitaria da Coruña se comprometera a buscar unha solución, ou así parece ser que llo transmitiu ao alcalde de Carballo na reunión que mantiveron na que anunciaban a creación dunha Unidade Temperá no centro carballés. Pero as cousas seguen como estaban, a ausencia da pediatra segue sen ser substituída.

Considera a CIG-Saúde que “a ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral”. Algo que para eles é “unha absoluta vergoña!”. Iso si, esperan que o Sergas solucione o problema antes do nadal, porque do contrario “ imos volver atoparnos cunha situación semellante á que vivimos no verán, con axendas bloqueadas, distribución de pacientes entre os distintos profesionais, varios días de espera para acudir ao médico de cabeceira…”

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CIG Saúde.

Comentarios