Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”

Pescadores recreativos en Compostela
Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”

Foi día de manifestacións este pasado sábado en Compostela. Ademais da manifestación contras a invasión eólica, unhas 600 persoas participaron pola tarde noutra gran manifestación contra a criminalización dos pescadores recreativos organizada por AGADEPER.

Non faltaron pescadores de Muros, Malpica, Corme… que levan concentrándose meses na comarca, e que compartiron este manifesto:

Hoxe en Santiago citámonos moitos pescadores recreativos, de todas súas modalidades. A chamada xurdeu dende o espontaneo das RRSS e coa naturalidade destas mesmas, baixo unha sigla unica e común, decimos non todos xuntos, os de a pé, os embarcados, os dos kaiaks ou os subs.
Démonos cita para reclamar o noso dereito a ter representación cando as leis se elaboran.
Para reclamar estudios serios e reales sobre a nosa repercusión sobre o medio mariño.
Para reclamar a súa protección dende o ameto do recurso dende o ecolóxico.
Reixeitamos o furtivismos en calquera das súas manifestacións.
Tamén cremos que para protexer un recurso sensible, non hai mellor xeito que protexer a sua reproduccion, como se fai con moitas especies. Propoñemos, vedas como se fai con outras especies de obrigado cumplimento para todos.
Que si as tallas teñen importancia, que teñan en todolos ametos pesqueiros.
Rexeitamos avisos directos ou velados que disminuirian as nosas capturas por dia e pescador, en base a que?
Por eso todos unidos, baixo a mesma bandeira, reixeitamos o proxecto de RD. por non aportar nada positivo a conservación do medio mariño. Somentes e un ataque cara os menos fortes, sin pararse a pensar nin na súa aportación o PIB e moito menos, se sensibiliza cos postos de traballo que se poden perder, e fai caso omiso das economias mais febles que con esta saudable afición contribuén co autoconsumo a sua dieta alimenticia, Por eso e por mais TODOS XUNTOS UNIDOS. BERRAMOS: NON O RD DECRETO!!!

Novas relacionadas

Comentarios