Domingo. 08.09.2024
El tiempo

O mar de ardora volve namorar á Costa da Morte

Mar de Ardora en Estorde-Cee-Foto-Poldo Lamela KCH Visuals
Mar de Ardora e o ceo estrelado en Estorde-Cee-Foto-Poldo Lamela de KCH Visuals
O mar de ardora volve namorar á Costa da Morte

Volve o mes de agosto e a natureza da Costa da Morte volve namorar a toda Galicia. Se a pasada semana eran as Perseidas as que nos fixeron gozar do noso escuro e máxico ceo, esta semana as xentes de todo o país, visitantes e tamén os veciños e veciñas da comarca, miran ao mar cada noite. Ou a ambas, en realidade, como tratan de retratar fotógrafos como Drew Corme ou Poldo Lamela, con esa combinación de estrelas e mar de ardora que deixa estampas de cine.

Mar de Ardora en Carnota-Foto-Victor armada
Mar de Ardora en Carnota-Foto-Victor armada

Estes días a presenza nas nosas costas da microalga Noctiluca Scintillans, uns organismos bioluminiscentes, produce estampas marabillosas. As mellores zonas parecen a praia de Estorde (Cee), a praia de Carnota, a ría de Corcubión ou mesmo a praia de Rebordelo, en Cabana, onde tamén puideron ver o efecto luminoso.

Ver o Taximar Robinson da Lobeira atravesar a ría de Corcubión é un espectáculo tremendo.

Máis novas

Comentarios