Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O Mar de Ardora volveu iluminar o mar do sur da Costa da Morte

Mar de Ardora en Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo 2
Mar de Ardora en Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo
O Mar de Ardora volveu iluminar o mar do sur da Costa da Morte

Volveu iluminar o mar de ardora os sorrisos de centos de visitantes que estas pasadas noites, a partir das 23:30h, disfrutaron dun dos espectáculos naturais máis singulares da comarca.

Se desde terra disfrutouno Manuel María Candamo con esta calidade, dende o mar Drew Corme e o Robinson da Lobeira conseguían estas imptactantes imaxes a bordo do taximar pola ría de Corcubión.

Captura video Mar de Ardora Drew Corme
Captura do vídeo de Drew Corme no Taximar

Este fenómeno provocado por unha “alga que se chama Noctiluca que se ilumina como un mecanismo de defensa para evitar ser comida, pois así se un peixe a come iluminaráse e outro depredador máis grande o atoparía fácil para comelo el”. Así nolo explicaba o metereólgo Carlos Balseiro, que recoñece que “é un fenómeno que ocorre de cando en vez en Galicia e crea estampas incribles”.

A sorpresa viviuna Manuel María Candamo cando se decataron que ademais estaban vendo o paso dos satélites Starlink polo noso ceo, algo pouco habitual.

Mar de Ardora en Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo
Mar de Ardora con sorpresa no ceo Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios