martes. 03.06.2025
El tiempo

Mellora da seguridade vial no porto de Caión

Mellora da seguridade vial no porto de Caión

Unha das accións dentro da remodelación completa do porto de Caión é a mellora da seguridade vial. Hoxe infórmannos de que Portos de Galicia está a executar unha obra de acondicionamento e reforzo da seguridade no vial do acceso ao porto de Caión, no concello coruñés de Laracha. O ente público investirá máis de 58.000 euros nesta actuación, que dá resposta ás necesidades sociais da zona.

Priorizando a seguridade de conductores e peóns, Portos de Galicia instalará na estrada que dá acceso á zona portuaria de Caión, un serie de bandas sonoras para obrigar a circular a unha velocidade axeitada. Esta actuación levase a cabo despois de detectar riscos por exceso de velocidade neste vial.

Finalmente, eliminarase a maleza do entorno do vial na zona próxima ao edificio da lonxa, e, xa no tramo final do vial de acceso que pecha a conexión coa zona urbana de Caión, perfilarase o noiro en rocha para evitar a proliferación de maleta que estreita a estrada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos.

Comentarios