Martes. 08.10.2024
El tiempo

Un mes para que os concellos de máis de 5.000 habitantes instalen o contedor marrón

Un mes para que os concellos de máis de 5.000 habitantes instalen o contedor marrón

Xa hai anos que A Laracha e Carballo son pioneiros en materia de reciclaxe de residuos na quinta fracción. Santa Comba e Cabana son, por agora, os últimos concellos da bisbarra en unirse ao contedor marrón. O resto de concellos da Costa da Morte, como a meirande parte do país, segue facendo oídos xordos ás demandas da Unión Europea.

Cómpre lembrar que a norma europea é de 2008, dende cando marca a obriga de ter converxencia na quinta fracción no 2023. O Goberno central aprobaba a nova Lei de residuos estatal, obrigando a implantar o contedor marrón nos concellos de máis de 5.000 habitantes antes do 30 de xuño.

Chegan entón as presas, e de feito, nunha presentación realizaba este pasado venres na área de Gabenlle, na Laracha, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considerou “inasumible” o prazo imposto polo Goberno central para implantar o contedor marrón.

A conselleira lembra que a lei pode supoñer sancións de ata 100.000€ aos concellos que non cumplan a normativa.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios