Venres. 11.10.2024
El tiempo

Mil ríos

Manuel Sendón e Javier Turnes na presentación do proxecto MilRíos en Corcubión Manuel Sendón e Javier Turnes na presentación do proxecto MilRíos en Corcubión

Ademais, para que a voz se deixe oír e grite no

teu corazón, constrúe no teu corazón o deserto onde grita.

Convírtete en deserto. Escoita o deserto do son.”

M. Eckhart

      No seu libro titulado El odio a la música, Pascal Quignard indica que dende un momento determinado da historia recente, o son pasou de sinalar un acontecemento, significar unha rareza ou propiciar unha oportunidade para o extraordinario, a convertirse nunha embestida, nun asedio ou, como el tamén nos propón, nun “tonos social”. Pois ben, poderiamos pensar de forma analóxica o que ocorre coas imaxes (coa súa reprodución, repetición e proliferación social) e así comprender mellor a potencia ontolóxica de Mil ríos (Herbello_Sendón, Cef, 2014): “En el mundo europeo, hasta mil novecientos catorce, el gallo decía el alba, el perro el extranjero, el corno la caza, el carillón de la iglesia marcaba las horas, la trompa la diligencia, el tañido fúnebre la muerte, el guirigay el segundo matrimonio de las viudas, las flautas y el tambor el sacrificio de alguna efigie carnavalesca. Los raros violines de los músicos ambulantes señalaban la fiesta anual y acompañaban tandas de juegos tan añejos como la prehistoria. Para escuchar música escrita había que esperar la Misa solemne del domingo, cuando los vientos de los órganos exhalaban acordes y los hacían rebotar a todo lo largo de la nave. La espalda del auditor se estremecía de súbito. Lo que era una rareza es hoy más que una frecuencia. Lo que era extraordinario ha trocado en un asedio que asalta sin fin la ciudad y el campo. Los hombres se transformaron en los asaltados por la música, en los asediados por la música. Más que las lenguas vernaculares, la música tonal y orquestal se ha convertido en el tonos social. En el campo me sucede reinterpretar con placer, algunos instantes, aquella cosa antigua, excepcional, convocativa, desposeedora, fascinante, que llevaba por nombre “música”. Hasta los reservorios de silencio que son los espacios de oración en el mundo occidental, particularmente las iglesias y las catedrales cristianas de roto católico, fueron dotados de bandas sonoras que intentan acoger al visitante y evitar la angustia del silencio, y también, lo que es más paradójico, arrancarlo a la posibilidad de la plegaria.” No libro de Fran Herbello e Manuel Sendón, Mil ríos, atopamos unha máquina de gran actualidade, ben enclavada nos problemas estéticos e ontolóxicos do momento. Tamén hai cousas moi antigas: intencións que teñen que ver coa forma humana de habitar este mundo, coa intempestiva vontade que o home exhibe por duplicar o real e sobrevivir empuñando esa fabricación da experiencia. Se ser humano significa inscribir un dobre da crúa e silenciosa presencia das cousas para poder “haberse con ellas”, ese é o sentido e a utilidade que querería sinalar deste libro; aínda que non a utilidade mercantil nin a utilidade económica, que é a única utilidade coa que nos teñen comprometidos os gobernos e os mercados senón outro tipo de utilidade, como veremos. Máquina dicía pola confluencia de dispositivos que se articulan nel: fotografía, relato, mapa (sen territorio). O libro funciona como eses ríos. Sen complexos aparentes, non hai problema en que Mil ríos se convirta nun delta no que desembocan a imaxe fotográfica, o relato/bitácora e o recurso a unha forma artística que fai uso do GPS para trazar un itinerario, unha derrota feita por ordenador. (De todos modos, a imbricación destes planos está prolixamente tratada dende un punto de vista estético no erudito estudo preliminar de Federico L. Silvestre, polo que non vou profundizar nisto, prefiro facer un par de apuntes sobre o que me pareceu máis interesante do libro.) Falaba da súa actualidade no sentido de que formula un dos grandes problemas do noso tempo, tamén un dos que máis me interesan, o problema da experiencia, que significa “ter a experiencia” e “transmitir a experiencia”. É unha cuestión importante en filosofía dende o século pasado debido sobre todo ás dúas grandes guerras, e foi W. Benjamin un dos que a plasmou con máis rotundidade. Según Benjamin, a experiencia xa non é algo realizable no noso tempo e, ¿que significa isto?Antes a experiencia era a potencia que calquera tiña de darlle forma ao vivido e convertilo nunha fonte de sabiduría propia, nun recurso para vivir, para ver, escoitar e sentir: a memoria propia convertíase entón nun artefacto co que darlle sentido aos signos cos que a vida nos atravesa, e a sensación o instrumento que nos permitía ser atravesados polos mundos, polos momentos, polos afectos etc. A experiencia era a base e o fundamento da nosa propia autoridade, da de cadaquén. Pero a xornada do home contemporáneo xa case non contén nada que aínda poida traducirse en experiencia. Volvemos á casa pola noite, ou despois das vacacións, extenuados por unha aglomeración de acontecementos, imaxes, sons, relatos… sen que nada diso se convirta xa en experiencia debido á manipulación e á mediación á que se eses acontecementos, imaxes, sons, relatos, &c. se ven sometidos por parte dos dispositivos de control gubernamental, económico, mediático, cultural, &c. E é esa incapacidade para traducirse en experiencia o que volve insoportable a existencia cotiá. Este é o verdadeiro problema da vida de agora, da “sociedade” na que nos toca vivir. Era do día a día do que cada xeración extraía a materia prima da experiencia para transmitirllo á seguinte xeración. Hoxe estamos expropiados do cotiá por un exceso de “acontecementos”, unha sobreabundancia do “extraordinario”, o facebook é o mellor exemplo disto. (Pensar que o que esa xentiña colga é o que interpreta como momentos importantes da súa vida etc…) Neste sentido é moi interesante este intento chamado Mil ríos por tratar “co que pasa cando non pasa nada” ou, como diría John Cage, co “mundo antes de que se convirta en signo”. Dende esa inquietante proa da piragüa sempre presente e que descontextualiza un suposto suxeito e un ollo que representa. O que máis me gustou de Mil ríos é que propón unha posibilidade de recuperar unha experiencia non convertida ou traducida á sintaxe do capital, esa forma de vida na que nos encontramos inmersos e da que resulta cada vez máis difícil extraviarse. O libro deixa os signos e as visións case intactos na súa nudez, na súa presenza; centrándose nunha atención aos fenómenos pouco habituais. É un tratamento do enigma da presencia ben digno, independentemente da súa tradución a algunha significación especial chamada estética e independentemente de que iso que se presenta ao navegante/espectador sexa unha paisaxe encantadora ou un desastre arquitectónico. Por tanto, se recapitulamos e volvemos á idea que nos propoñía Quignard, á denuncia desa tarefa de “homologación destrutora da autenticidade e da concreción” que se opera no noso tempo, Mil ríos, tratándose eminentemente dun libro de imaxes, inscribe unha reflexión que suxire a desconfianza necesaria cara a esas imaxes e, ao mesmo tempo, engade unha oportuna mirada sobre o que poderiamos denominar “a selva da experiencia”, sobre a posibilidade de recuperar ou retornar dalgún xeito a ese territorio expropiado. Que o silencio das imaxes, en lugar de abrumarnos pola súa omnipresencia, nos sexa útil como visión.
  • Javier Turnes. Sardiñeiro, agosto 2015
  1. QUIGNARD, P.; El odio a la músicaDiez pequeños tratados, Ed. Andrés Bello, Chile, 1998, p. 136.
  2. PASOLINI, P.P.; Escritos corsarios, Ediciones del Oriente y del Mediterráneo, 2009, p. 32.
Novas relacionadas

Comentarios