Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un minifestival de música galega contemporánea polo Día dos Medios en Galego

  • AMEGA lanza a campaña #MoveaLingua
amega_concerto0209_banner_960x540
Un minifestival de música galega contemporánea polo Día dos Medios en Galego

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego, gracias ao empeño da Asociación de Medios en Galego (AMEGA). Unha data que lembra asaída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense 'O Tío Marcos d'A Portela'. 

En 2023, en Galicia hai máis de 130 medios o que utilizamos o galego a como vehículo, como ferramenta, sendo medio cento de cabeceiras as que conformamos a AMEGA.

Coa intención de achegar a nosa lingua á mocidade galega, o xoves 9 de febreiro, a partir das 20:30h, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago, organizamos na Sala Capitol un minifestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.
O evento será de balde (cómpre sacar invitación en en www.ataquilla.com a partir deste xoves 2 de febreiro ás 12:00h) ata c ompletar aforo. 

Previamente, celebrarase o Día dos Medios en Galego o propio 7 de febreiro, cunha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás 11:00h, coa presencia de Valentín García (SXPL), Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e o artista Ortiga.
 

Comentarios