Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas
06:50 02/03/18
Que Carballo é un concello pioneiro na loita contra a veluntina xa o temos dito. E así o corroborou un dos apicultores que participaban onte nunha xuntanza informativa. “Polo que estamos vendo en todos os foros nos que participamos, Carballo é un concello pioneiro non só en Galicia, senón en toda España, na loita contra a avespa velutina”, asegurou o apicultor.
Unha reunión para comezar o inicio da campaña de trampeo, aproveitando estes próximos tres meses, ata finais de maio, para intentar atrapar o maior número de raíñas cando esperten do seu letargo invernal, porque sen raíña non hai niño. Empeza, por tanto, unha época crucial para combater esta praga, e desde o Concello de Carballo solicítase toda a colaboración posible, como xa fixeron en Santa Comba.
Os primeiros dispostos a colaborar, porque tamén son os máis afectados e os que mellor coñecen o terreo, son os apicultores. Hoxe desprazouse ata a Casa do Concello unha representación do sector para recoller as trampas e o atraínte. Este ano repartiranse 100 trampas novas, que se sumarán ás 300 do ano pasado.
Reunion de apicultores
Divulgación
O asunto está chegando ás escolas. Onte celebráronse as últimas charlas no CEIP Bergantiños, co cal completouse o mapa de centros de primaria do noso concello, pero a campaña estenderase tamén ao Canosa-Rus e a Aspaber. Isidro Rodríguez, representante da empresa do servizo de pragas, destacou a excelente acollida do programa, o intereses e o elevado grao de implicación dos nenos e nenas, que aprenderon a preparar as súas propias trampas con botellas de plástico e mesmo o atraínte con produtos de consumo doméstico habitual.Novas relacionadas
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)