Venres. 29.03.2024
El tiempo

O motor como dinamizador turístico

Primeira xuntanza de motor dos Chorolos Competicion
Así foi a primeira xuntanza de motor dos Chorolos Competición. Foto: Dacvid Felípez
O motor como dinamizador turístico

O crecemento do sector turístico da comarca non vai acompañado coa creación de servizos de calidade ao seu arredor. Fai moita falta na bisbarra empresas que oferten opcións para que hoteis, albergues e restaurantes poidan darlle aos clientes oportunidades de disfrutar a Costa da Morte doutro xeito.

Na comarca xa temos empresas de aventura, de deportes náuticos, algunha opción para realizar visitas turísticas-patrimonias… Faltaba unha oferta de rutas e coches nunha comarca na que o motor ten tanta presencia.

Son Nerea Garrido Parga (Cabana), Álex Pombo Añón (Cerceda), Lucía Fernández Zas (Cerceda) e Luis Miguel Bardanca Mato (Arteixo), 4 rapaces da comarca, os que se botan á aventura para ofrecer rutas a amantes do ruído do motor. “Queremos quitar os estereotipos que ten a xente sobre os que nos movemos polo mundo dos coches”, explica Nerea, alumna emprendora do ciclo de Administración do IES Terra de Soneira que leva Loli Toja.

Fanse chamar Os Chorolos Competición, e a pasada fin de semana realizaan o primeiro encontro, con ruta incluída, dende o campo de fútbol de Malpica, por toda a costa ata Valenza, onde realizaron unha comilona.
Xa preparan outra cita o vindeiro 16 de xullo, co ollo posto na chegada de coches clásicos.

Os Chorolos Arteixo Cerceda

A súa idea é que este servizo pode ir desestacionalizando o sector turístico pois este tipo de rutas son avaliables durante todo ano. “Se sae ben temos pensado convertirnos nuha empresa e vivir disto”, asegura Nerea.

os Chorolos son amantes do motor

Comentarios