Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Nace a Rede da Costa, o novo espazo online para as empresas da Costa da Morte

Os creadores do Infojobs da Costa da Morte, amplía a súa oferta online de emprego ao mundo do consumo
 

Nace a Rede da Costa, o novo espazo online para as empresas da Costa da Morte

Levan moitos anos coidando o Infojobs da Costa da Costa (o Traballarnacosta). Agora queran poñer toda esa experiencia tecendo redes entre traballadores e empresas, ao servizos dos clientes.

E faino a través do novo proxecto Rede da Costa, pensado para axudar aos pequenos negocios da zona nesta loita contra o mercado de internet. Imposible antóllase competir con grandes marcas na rede, por iso é necesario unirse para manterse vivo.

Con esa idea, Óscar Rodríguez e Karina Mouzo dan un paso máis, pasando do emprego ao consumo, e queren dar visibilidade ás empresas en Internet para que aumenten as compras no pequeno comercio e así intentar paliar, de forma indirecta, esa escasez de emprego que temos na zona.

E deron forma a esta idea creando un directorio de empresas online co obxectivo de que as empresas poidan ter un lugar en Internet, para que sexan visibles na rede, tanto para a xente de aquí, que non sempre sabe os servizos e produtos que temos ó lado, como para a xente que nos visita (turistas, peregrinos…).

Actualmente a web (rededacosta.com) está na fase inicial, coméntanos que de momento están contactando con negocios interesados en darse de alta (xa contan con empresas de sectores tan variados como servicios sociais, comunicación, hostelería, electricidade, construcción, servicios profesionais…), pronto poderemos ver todo o que ofrecen polo que nos animan a estar pendentes das novedades que van ir subindo, sexamos empresas ou particulares interesados en que os nosos ingresos repercutan na nosa comunidade. Tamén teñen unha páxina en Facebook “Rede da Costa”, onde podemos estar ó día das empresas que van subindo, así como de información interesante para os negocios da Costa da Morte (subvencións, eventos…).

Animan a todas as empresas interesadas a que se poñan en contacto con eles no mail [email protected] onde poden formularse dudas, consultar sobre requisitos, vantaxes… así como recibir suxerencias de mellora, xa que é un proxecto novo que busca medrar coas aportacións de todas as persoas que desexen formar parte del.

Nós xa estamos dentro da rede e animámosvos a darvos de alta, posto que cantos máis sexamos, maior será a nosa presencia e visibilidade en Internet.

Novas relacionadas

Comentarios