xoves. 08.05.2025
El tiempo

Nace "turismo.dacoruna.gal", unha páxina web coas principais ofertas turísticas da provincia

Nace "turismo.dacoruna.gal", unha páxina web coas principais ofertas turísticas da provincia
O sector turístico da provincia da Coruña conta dende onte cunha nova plataforma de promoción. “O obxectivo principal é responder aos avances do século XXI e ofrecer unha plataforma interactiva que promocione os distintos destinos e sexa unha ferramenta de utilidade para os concellos”, comezou defendendo o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira que destacou o esforzo en investimentos que se está a desenvolver desde a área para conseguir unha oferta turística de calidade. Neste sentido, Xosé Regueira lembrou na súa intervención o importante labor de actualización e mellora da administración en materia turística e de apoio aos entes de xestión que se manifesta, entre outras liñas de axuda, no financiamento na súa totalidade da incorporación de persoal técnico ás oficinas de información turística en 53 dos concellos da provincia, cun orzamento de 700.000 € que supón tamén un esforzo na creación de emprego no sector que se complementa coa liña de apoio a Museos e Centros de Interpretación ao que se destinaron 350.000 €. Ademais, a Deputación da Coruña colabora, a través das asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos na mellora de calidade, competitividade e actividades turísticas achegando para este fin 560.000€ que se suman a colaboración en eventos de promoción turística como son o Fórum Gastronómico da Coruña ou o Fairway de Compostela aos que a Deputación destina 348.000€. Colaboración dos concellos xose-regueira-turismo Xosé Regueira, responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, presentou a nova plataforma “Con este importante esforzo precisábamos unha plataforma de promoción do territorio acorde co século XXI que, ademais de ofrecer información dosdistintos destinos, ante a singularidade de incorporar unha intranet que nos vai permitir contacto directo entre a área de Turismo da Deputación e o persoal dos concellos para que a colaboración sexa máis eficaz”, sinalou Regueira para quen a nova plataforma é unha nova fórmula de colaboración da Deputación cos concellos en materia de promoción turística. Desta maneira, a plataforma web pretende afortalar e amplificar as páxinas dos concellos que as teñan así como dotar desta ferramenta aos que carezan dela. Regueira estivo acompañado na presentación da xefa de sección, Maite Loureiro e o técnico da empresa adxudicataria do concurso, Óscar Vázquez. A páxina web, que xa está operativa na rede, ofrece unha parte pública orientada a fornecer información pública e unha interna de interacción entre o persoal técnico da Deputación e os concellos cun sistema de colaboración que se inaugura por primeira vez no sector en Galiza. Cun deseño sinxelo e poucos niveis de navegación para facilitar o seu uso, a páxina ofrece unha sección de actualidade e axenda, información dos seis xeodestinos, os bens patrimoniais, os distintos camiños ou os programas de promoción da Deputación como o de turismo escolar ou industrial. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña
 

Comentarios