Tremendo! Xa está aquí o vídeoclip que a banda The Rapants gravou o pasado en Muros, e que contou coa presenza de máis de 400 persoas, que se achegaron vestidas de luto dende todas partes do país. "Blaster W4u" é o primeiro sinxelo do que será o seu terceiro álbum de estudio, "La máquina del buen rollo", que verá a luz na primavera, e xa albisca a frescura que van ir espallando por salas e festivais de todo o país. "Un tema discotequero e para morrear”, definen!
Magnífico o multitudinario videoclip protagonizado polos catro membros do grupo, Matías, Samuel, Xanma e Xaquín, ademais da bailarina Iria Veiga. A peza audiovisual, producida por La Bellavista e dirixida por Juan Barbazán e Whyso. Xa tendes a peza en principais plataformas dixitais.
Máis novas de The Rapants
- 2022: The Rapants unen forzas con Grande Amore.
- Setembro 22: The Rapants sacan nova psico-cumbia con Galician Army.
- Xullo 22: The Rapants fan bailar a todo Ribeira dende unha batea.
- Decembro 21: The Rapants estrearon novo e divertido EP.
- Os muradáns The Rapants gañan o Concurso Sonidos Mans Salas.
- The Rapants maridan cumbia e psicodelia no novo single autoproducido “La Mítica”.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.
- 2018: As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records
MÁIS NOVAS
- #SoandoconForza: Tu Futura Ex Mujer lanza novo traballo, Novos Millonarios.
- As mellores bandas nacionais maridan coa calidade muradá no XIX Festival Castelo Rock.