sábado. 24.05.2025
El tiempo

Noitebús, a perda dun servizo rendible vital e economicamente

Noitebús, a perda dun servizo rendible vital e economicamente
noitebus-logo-590

Non falamos do Noitebús dende 2011. Pero iso non significa que aquela aposta polo transporte público nocturno non fose unha magnífica idea. Pero non só iso, este estudio realizado pola Oficina Municipal de Atención ao Consumidor do Concello de Santa Comba, demostra que ademais saería moito máis barato ás arcas da administración pública.

Un dato rápido:
- O coste medio dun autobús do Noitebús é de 200€/día.
- Un accidente grave pode chegar a costar 1 millón de euros, entre servizos de emerencia, gastos hospitalarios, coste legal, seguros, indemnizacións…”

Si, 1 millón de euros, aínda que o 84% da poboación pensa que o coste dun accidente non chega nin a metade, sendo a revista MarcaMotor. Así que, a división é directa: Se o millón de euros o dividimos entre os 200€ que custa un Noitebús, poderíamos pagar 5.000 liñas de autobús co que nos aforramos só ao evitar un accidente de tráfico grave.

Noitebús. Si ou non?

Con estes datos, parece evidente queo Noitebús é un servizo moi non rendible en todos os aspectos, para a sanidade, para os cidadáns e mesmo para as arcas públicas.

En 2006 arrincaba o Noitebús con ata 5 rutas que chegaban a Santa Comba. Moitas pero nada efectivas. O servizo vaise mellorando en 2008, con rutas máis achegadas ás necesidades da mocidade costeira. En setembro de 2009 en Galicia había en servizo 194 liñas de Noitebus (datos da Xunta) pero en 2010, a Xunta deixa de apoiar o Noitebús e deixa o servizo nas mans das empresas de transporte. A partir de aí perdemos a pista das liñas porque no 2011 as compañías de transporte retoman liñas pero por iniciativa propia, en ocasións con apoio das asociacións de hostaleiros e noutros casos tamén cos concellos como no caso de Vimianzo que financiaba unha a Santa Comba.

As empresas sosterán 50 rutas do noitebús en zonas de movida. O prezo do billete duplícase, triplica e ata cuadruplica pola retirada da subvención pública da Xunta. A coruñesa Autos Vázquez, por exemplo, deixa apenas tres traxectos, pero opera noutras 16 rutas, fundamentalmente con destino a Ponteceso, Melide, Ordes e Santa Comba. Nestes anos, 73.000 mozos utilizaron o Noitebús para acudir á movida de Santa Comba, unha cifra tremendamente importante.

Así, a día de hoxe apenas algún municipio faino pola súa conta, e a Xunta só abre rutas en ocasións especiais, como na última Semana Santa. Por que esa falta de interese por un servizo que parece bo para todos?

Estudo económico por accidente

Pero si queremos realizar contas con datos oficiais da Xunta de Galicia témonos que remitir ao Decreto 392/2009, de 1 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundaciones públicas sanitarias publicados no Diario Oficial de Galicia nº 199 do venres 9 de outubro de 2009 páxina 15.997.

Das innumerables e variadas tarifas de todo tipo que se inclúen na citada orde ímonos a centrar nas incluídas na páxina 16.009 ANEXO IV sobre os Prezos aplicables pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que nos di que o traslado dun lesionado en helicóptero medicalizado ten un custo 6.863,26 euros. Noutro apartado do mesmo Decreto indica que a estancia en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servizo de reanimación, unidade de queimados, lesionados medulares, ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario), se facturará por 1.048,45 euros.

Se collemos un suposto habitual do que nos atopamos todas as mañás do domingo na prensa de que un mozo tivo que ser trasladado en helicóptero en estado grave debido a un accidente de tráfico e que leva 10 días en coidados intensivos sabemos que só o traslado por medios aéreos e os 10 días de UCI elevan o custo do servizo aos 17.347,76 euros, que nos darían para pagar 86 liñas de noitebus, case a metade das que hai en servizo.

E todo iso, sen ter en conta outros servizos sanitarios que poden chegar a triplicar o custo, como son a atención de urxencia, a atención especializada, a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica ou a rehabilitación, así como as preceptivas probas de detección de alcoholemia e detección de drogas posteriores ao accidente, por importe de 118,83 € e 46,82 € respectivamente.

Para ter unha idea máis concreta do custo que pode alcanzar un accidente de tráfico non hai máis que citar as tarifas dalgúns servizos: Ambulancia asistida, 353,58 € por cada servizo urbano, 2,17 € por cada quilómetro de servizo interurbano persoal (médico, enfermeiro e condutor) da UVI móbil, 145,33 € por hora. Asistencia en urxencias 235,73 euros. Hospitalización en planta, 432 euros por estancia e día cada un dos 5 primeiros días. Outro como a monitorización ambulatoria da presión arterial (MAPA) de 48 horas alcanza os 239,05 € e unha placa de cráneo 37,03 €.

Si miramos as ciruxías ou rehabilitaciones que se poden producir como consecuencia de accidentes de tráfico os exemplos son variados: Cirugía articulación témporo-mandibular 2.642,18. Cirugía sobre o polo anterior do ollo 2.261,11. Extirpación parcial en fronte ou de coiro cabelludo e reparación con plastia ou enxerto 1.452,03. Extirpación parcial labial e reparación parcial 1.452,03. Fractura nasal 683,31. Fracturas faciales simples de arco cigomático e malar 1.538,95. Reparación plástica facial con enxerto ou colgajos 1.138,85. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia 295,17 € por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria: A rehabilitación de paralíticos cerebrais por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría alcanza a cifra de 471,44 €.

Aínda que os prezos de servizos sanitarios a aplicar varían si son pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pago que deba asumir o gasto sanitario, si son prezos aplicables pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, fundaciones públicas galegas, ou tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico nos supostos recolleitos no convenio subscrito entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, UNESPA e o Consorcio de Compensación de Seguros, para a atención de lesionados en accidentes de tráfico mediante servizos de urxencias sanitarias, a conclusión é que o Noitebus non será rendible para a Consellería que o xestiona pero si o é e moito para Sanidade, para o peto dos cidadáns e as arcas públicas.  

Accidentes 2016-2015

Fonte

Comentarios