Máis de 12.500 alumnxs volven ás aulas

07:51 08/09/25
Hoxe luns 8 de setembro as aulas da Costa da Morte volven ferver. Despois dun longo verán, completado con esa primeira semana de setembro na que as familias teñen que facer malabares para conciliar, arrinca o curs escolar 2025/2026.
Con todo, volverá ser un comezo de curso movido, como comprobaremos na concentración que se vai dar en Cee polos problemas de masificación e de recortes no IES Agra Raíces.
Nos 19 concellos da Costa da Morte, serán 12.521 alumnxs os que comecen o curso, destacando os 5.300 de Educacón Primaria, e os case 4.000 da ESO. Pola contra, hai pouco máis de 2.100 alumnxs de Educación Infantil e 1153 de Bacharelato.
Centros públicos, concertados e privados | ||||||
Concello | Ed. Infantil |
Ed. Primaria |
Ed. Especial |
ESO | Bacharelato | TOTAL |
Cabana | 53 | 116 | 0 | 89 | 0 | 258 |
Camariñas | 90 | 220 | 0 | 144 | 0 | 454 |
Carballo | 596 | 1519 | 8 | 1193 | 354 | 3670 |
Carnota | 38 | 112 | 0 | 73 | 0 | 223 |
Cee | 131 | 405 | 0 | 446 | 250 | 1232 |
Corcubión | 28 | 68 | 0 | 0 | 0 | 96 |
Coristanco | 145 | 313 | 1 | 249 | 0 | 708 |
Dumbría | 19 | 39 | 0 | 0 | 0 | 58 |
Fisterra | 80 | 145 | 0 | 92 | 0 | 317 |
Laracha (A) | 232 | 552 | 0 | 419 | 123 | 1326 |
Laxe | 26 | 104 | 0 | 69 | 0 | 199 |
Malpica | 63 | 150 | 0 | 103 | 0 | 316 |
Mazaricos | 72 | 152 | 0 | 79 | 0 | 303 |
Muros | 107 | 304 | 0 | 225 | 81 | 717 |
Muxía | 56 | 124 | 0 | 93 | 0 | 273 |
Ponteceso | 78 | 203 | 0 | 132 | 115 | 528 |
Santa Comba | 166 | 413 | 0 | 247 | 95 | 921 |
Vimianzo | 81 | 194 | 0 | 137 | 69 | 481 |
Zas | 75 | 167 | 0 | 133 | 66 | 441 |
TOTAL | 2136 | 5300 | 9 | 3923 | 1153 | 12521 |