Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Novas imputacións axitan máis a vida xudicial de Coristanco

Novas imputacións axitan máis a vida xudicial de Coristanco
Abraham Gerpe e Antonio Pensado Plagaro Abraham Gerpe e Antonio Pensado Plágaro, xuntos na Festa da Pataca do ano pasado

Seguimos pendentes da evolución da #OperaciónPataca e do comezo do xuízo oral. Pero parece que o sainete xudicial coristanqués ten aínda pendentes novas escenas. Escenas que non fan outra cousa que ratificar a esperpéntica política municipal coristanquesa, como poderíamos imaxinar nun concello onde o alcalde denuncia ao seu teniente de alcalde.

Falamos dunha nova denucia de Fiscalía ocasionada, desta volta, por unha denuncia de Abraham Gerpe contra Pensado Plágaro. Cómpre volver ao pleno do 13 de xuño de 2017, cando o pleno, con Amancio Lavandeira como alcalde, aprobaba unha facturas da época da alcaldía de Pensado Plágaro a un electricista para poñer arcos das festas ás asocacións de veciños.

Pouco despois da histriónica moción de censura, o novo alcalde, Abraham Gerpe, acodía á Fiscalía para denunciar o pago aprobado no devandito pleno a un empresario que tiña orde de embargo, intentando xudicializar a Amancio Lavandeira, pero ao final o tiro repercutiu sobre Pensado Plágaro, como autor da sinatura desas facturas.

A petición provocou así a investigación de Plágaro e de Juan García Velo, como concelleiro de obras do momento. En todo caso, Juan García Velo, que onte nos anunciaba que ía deixar a vida política e a súa acta como concelleiro do grupo non adscritos, indicábanos que non recibira ningunha notificación xudicial.

Poucos días despois dimitía Verónica Facal como concelleira de TeGa, ao tempo que a edila Laura Tasende denunciaba un intento de suborno do PP, pero toda conexión sería mera especulación.

Novas relacionadas

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios