Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novo berro de auxilio dende Quilmas

Novo berro de auxilio dende Quilmas
Un avion sobrevoando a Cooperativa de Quilmas

Xa lanzaron o seu berro de auxilio, pero temen que se perda entre a voráxine e as cinzas. I é que pensan que "en canto esto se enfríe vanse esquecer totalmente totalmente de nós". A Cooperativa de Agricultura Raínha Lupa de Quilmas, que quedou calcinada nunha porcentaxe enorme tralo paso do Incendio Forestal de Carnota, leva "8 días sen internet nin teléfono, e o peor de todo é que seguro ao final temos que pagar toda a factura a telefónica".

"Estamos desprotexidos, abandonados", láiase Xosé Manuel Casais que lembra aquel fatídico 2006 cando os primeiros días si que recibiron a atención das administracións pero que aínda están agardando por esas axudas prometidas.

"Estes días gastamos 20.000 litros de auga sofocando o incendio para que non fóra máis devastador do que xa foi. Esa auga, vánnola pagar?", pregúntase sen moita confianza.

20000 l de auga utilizaron en apagar o lume en Quilmas Boa parte das froiteiras de Quilmas morreron calcinadas

E non só levou o lume as froiteiras, os invernadoiros, as plantacións de espárragos, de cereais... Levou tamén gran parte do apiario. "Vimos de salvar as 8 das 60 alvarizas do apiario que quedaron vivas. Levámolas ao monte Lira, onde a Comunidade de montes nos acolleu moi ben, e alí poden medrar, pois por quí non teñen unha soa flor onde comer".

"O monte público"

Despois de pedir que as administracións non se esquezan da pequena Cooperativa, recorda unha problemática que hoxe atinxe a toda a zona. Boa parte da superficie queimada é da Comunidade de Montes de Quilmas, de Panchés e de Caldebarcos, que xunto con outras de Lira, San Mamede ou Carnota tiveron a ben recuperar o monte para os veciños. Pero na zona do Pindo, coma o monte é moi pouco produtivo, os veciños non se preocuparon por recuperalo monte e non hai comunidade de montes, polo que esa parte do Monte Pindo é público".

Máis información

Novas sobre incendios

Fonte

Comentarios