martes. 20.05.2025
El tiempo

Nova naálise provincial ao Camiño Fisterra-Muxía

Mesa dos Camiños 1
Nova naálise provincial ao Camiño Fisterra-Muxía

Desenvolveuse unha reunión arredor dos Camiños Inglés e Fisterra-Muxía esta mañá no Pazo de Mariñán. Presidida polo deputado provincial responsable dos Camiños da Deputación da Coruña, Antonio Leira, a IV Mesa dos Camiños analizou o estado de saúde das 

Estiveron presentes ademais do deputado e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Bernardo Fernández, Áurea Domínguez, como presidenta da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, así como membros da CMAT. Sorprende a falt de invitación a outra das entidades profesionais con áis relevancia no noso camiño como é a Asociación Profesional de Empresarios do camiño a Fisterra e Muxía Solpor.

A sesión incluíu tamén unha presentación das actuacións desenvolvidas pola Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, como o plan de comunicación dixital, os cursos de formación en turismo sustentable e o novo vídeo promocional, estreado na feira FITUR 2025.

Pola súa banda, o representante da Xunta de Galicia, Ildefonso De La Campa, destacou o incremento do número de peregrinos, cunha estimación que supera nun 40% os datos oficiais da Oficina do Peregrino, e informou das medidas para mellorar a seguridade viaria, separando os fluxos de vehículos e peregrinos.

Comentarios