Novo revés á LOMCE cun 90% de absentismo ás Reválidas de 6º Primaria
15:12 29/05/18
Non en todos os centros se realizaban hoxe a Reválida de 6° pero a resposta volveu ser unánima. Máis do 90% dos alumnos centros nos que preguntamos non acodiron a facer a Reválida de 6º Primaria.
Unha nova demostración da forza social da comunidade educativa, que segue facendo forza por acabar coa polémica LOMCE.
Estes son os datos de asistencia en diferentes centros de ensino da comarca:
- ES Fin do Camiño (Fisterra): 0 de 16 (0%)
- IES Maximino Romero Lema (Baio): 0 (0%)
- CPI Cabana de Bergantiños: 2 de 18 (11%)
- CPI A Picota (Mazaricos): 3 de 12 (25%)
- CEIP Labarta Pose Baio: 0 (0%)
- ÍES Agra de Raíces (Cee): 7 de 53 (13%)
- CEIP Eugenio Lopez (Cee): 1 de 62 (2%)
- CIP Ponte do Porto (Camariñas): 2 de 21 (9%)
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-revalidas-volven-baleirar-as-aulas-dos-colexios-da-costa-da-morte/- 14-05-18: A Fedanpa continúa coa loita contra as Reválidas con charlas informativas pola Costa:
- Maio 17: Máis do 90% do alumnado non asistiu ás probas da reválida de 3º de Primaria.
- Outubro 16: A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).