Novo varapao xudicial ao pacto da moción de censura en Coristanco


Segue a convulsa e paralizada vida municipal por Coristanco, como un barco á deriva sen patrón. Mentres, a augas xudiciais seguen baixando revoltas. O último remuíño saía o pasado 12 de novembro do Xulgado do contencioso-administrativo número 1 da Coruña, que ditaba sentenza no procedemento iniciado pola secretaria do Concello de Coristanco contra un dos políticos expedientes disciplinarios que o Alcalde, Abrahan Gerpe, lle abriu para cumprir cos seus socios de moción.
Nesta ocasión o argumento do “thriller” que converteu Coristanco no sainete da política municipal galega, versou en que o alcalde quería que a secretaria lle enviase ao xulgado a documentación que consideraba adecuada e onde a proposta do avogado contratado polo concello (xa en diversos plenos a concelleira do BNG apelou á “dubidosa” legalidade da súa contratación a dedo) atribuía á secretaria o cumprimento da execución de sentenza do proceso do aparellador, que ese mesmo Xulgado dispuxera. Unha competencia que non ten a figura da secretaria municipal, se non que é do propio alcalde.
Ante tan escabrosa pretensión a funcionaria pediu aclaracións e, sen máis trámite, Gerpe impúxolle unha sanción leve, xa que outra non pode, nun “expediente” que o Xulgado agora anula considerando que “non expresa de xeito motivado cal é o reproche culpabilístico á recurrente nin a que incidencias se refire o autor do acto, condicionando xa que logo a imposición da sanción ao mero incumprimento o que é insuficiente”.
Como consecuencia, entre outras cousas, máis cargas enconómicas ao Concello, pois ademais dos contratos da devandita asesoría xurídica, e da defensa, agora ten que pagar ás costas do caso á propia secretaria.
Novas electorais
https://quepasanacosta.gal/habera-marea-nas-convulsas-municipais-de-coristanco/ https://quepasanacosta.gal/juan-carlos-garcia-foi-presentado-com/Novas relacionadas
- Xullo 2018: Pensado Plágaro deixa a Gerpe só no goberno coristanqués.
- Maio 2018: Novas imputacións axitan máis a vida xudicial de Coristanco.
- 14-05-18: O BNG de Coristanco esixe a dimisión inmediata de Pensado Plágaro trala apertura do xuízo oral.
- 11-05-18: Aberto o xuízo oral contra Pensado Plágaro.
- Maio 16: O 70% das obras de Coristanco entre 2009 e 2013 recaeron no mesmo grupo empresarial.
- Abril 18: O “dedo” adxudicador de Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Marzo 18: Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?.
- Marzo 18: As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco.
- Febreiro 18: Coristanco, único Concello que non presentou a Conta Xeral 2016.
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde popular de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.