Sábado. 26.09.2020
El tiempo

O Asalto 2019 comeza a quecer motores

O Asalto 2019 comeza a quecer motores
A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este sábado 15 de decembro, ás 12.00 horas, a primeira reunión para preparar a XXIV edición do Asalto ao Castelo, na que se falarán das diferentes áreas nas que se pode participar, propostas, elementos a consoldar ou renovar. "É moi interesante acudir a esta primeira reunión na que se sentarán as bases para a celebración da festa irmandiña en 2019. Aberta coma sempre a todas as persoas que queiran colaborar", apuntan desde a organización.

comentarios