Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O BNG de Coristanco denuncia vertedoiros incontrolados e novas sospeitas de prevaricación

O BNG de Coristanco denuncia vertedoiros incontrolados e novas sospeitas de prevaricación

Está activa a oposición en Coristanco, e hoxe o BNG coristanqués trae dúas queixas, unha relativa aos vertedoiros incontrolados, e outra sobre as súas sospeitas sobre un posible caso de trato de favor do goberno municipal.

De vertedoiros

Xa nos falara TEGA do punto limpo incontrolado. Hoxe o BNG, lamenta que a SEPRONA denuncie máis dunha vintena de verquedoiros incontrolados no que vai de ano, que se suman aos moitos descubertos pola veciñanza e a prensa.

”A falta de concienciación ambiental da cidadanía atópase aquí, nun cóctel explosivo, coa falta de capacidade e respostas do goberno municipal de Coristanco”, lamentan, ao tempo que lembran que “o Punto Limpo, unha tarefa eternamente pendente”.

Propoñen pois máis compromiso á veciñanza, pero tamén ao goberno municipal do Concello de Coristanco unha acción decidida a prol de que o concello siga sendo o “verxel de Bergantiños”, “e non un enorme verquedoiro”, para o cal consideran fundamental:

  • A apertura inmediata do Punto Limpo.
  • Investigación e esixencia de responsabilidades ás persoas responsábeis dos verquedoiros incontrolados;
  • Unha actuación exemplar en materia medioambiental por parte do propio goberno local;
  • Deseño dunha campaña de concienciación ambiental entre a nosa veciñanza.

Posible caso de trato de favor?

Co caso xudicial aínda pendente, un novo asunto salpica á política municipal coristanquesa. E esta mesma semana tocoulle declarar aos representantes das empresas Gesmaga e Construcciones Alejandro Martínez, que negan que houbese trato de favor do Concello para coas súas empresas.
O BNG respecta, como se dixo, a presunción de inocencia e o traballo da xustiza, pero afirma que solicitará información sobre as recentes denuncias por actividades ilícitas no lugar da Furoca a cargo das empresas do grupo Maracaná. O BNG manifesta “o seu máis absoluto respecto polos procesos xudiciais abertos contra o Concello de Coristanco e distintos membros dos gobernos do Partido Popular”.

Así mesmo, veñenn de coñecer tamén que diversos veciños e veciñas do lugar da Furoca, onde a empresa Gesmaga pretende instalarse, presentaron en días pasados denuncia no Concello de Coristanco pola posta en funcionamento das instalacións sen ter aínda as oportunas licenzas, e realizando labores que dificilmente se axustan á legalidade.

Novas de Coristanco

Fonte

  • BNG de Coristanco.

Comentarios