O BNG de Coristanco pregunta por que se deron de baixa 200 vehículos este ano
O BOP de onte recollía a publicación do padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica no Concello de Coristanco para o ano 2014. Segundo o citado padrón, este ano tributarán en Coristanco case un 5% menos de vehículos que o ano pasado. Isto é, 200 vechículos menos neste último ano, de 5150 vehículos a 4931 censados.
O BNG culpa á política de impostos do PP local, denunciando "unha suba desproporcionada e inxustificada de todos os impostos municipai", convertindo o Concello coristanqués no que os veciños teñen pagar os tributos máis caros de toda a Costa da Morte.
Por isto pide que "o alcalde convoque a todos os grupos políticos e a representantes da veciñanza para debater sobre os impostos na localidade e axustalos ao nivel dos servizos que se presta", e presentará hoxe mesmo a pregunta que se acompaña para a súa resposta no pleno do próximo mércores.
Novas relacionadas
- Valencia non é de Coristanco.
- QPC segue ampliando as súas fronteiras e chega xa a Santa Comba e Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).