Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG tamén rexeita a "escombreira" da Furoca

O BNG tamén rexeita a "escombreira" da Furoca
O BNG apoiando aos vecinos que estan en contra da planta da FurocaO BNG apoiando aos vecinos que estan en contra da planta da Furoca O BNG apoiando aos vecinos que están en contra da planta da Furoca

Como fixera a semana pasada o grupo En Marea, o BNG comprometeuse ca loita da Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco contra a planta de residuos industriais promovida por Gesmaga no lugar da Furoca, San Paio.

Acodiron ao lugar acompañados polos membros da Plataforma o deputado do BNG, X.L. Rivas “Mini”, xunto ca concelleira nacionalista local Laura Mariño Taibo, que tamén apoia sen fisuras a Plataforma e súmase as súas reivindicacións. Ambos confirmaron que o BNG está en contra da xa chamada “escombreira” da Furoca, e que defenderán a posición dos veciños no Parlamento de Galicia. Son varios os puntos que queren preguntar sobre ela xa que desconfían da legalidade da mesma.

Dende a Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco inciden en que “non estamos en contra de este tipo de actividades, nin nada temos contra a empresa que as desenvolve, pero estamos fortemente en contra dos efectos que conlevaría o desenvolvemento das actividades na ubicacion que se pretende”. Entenden que unha planta coma esta “debe construirse nun polígono industrial, e non nunha zona agrícola e gandeira”.

Comitiva do BNG coa Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco na planta de Gesmaga Comitiva do BNG coa Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco na planta de Gesmaga

Ampliar a voz no Parlamento

Así, esperan que a súa voz teña alomenos dous altofalantes no Parlamento Galego para “impedir que unha vez máis escuros intereses de particulares, co apoio do Partido Popular como foi no caso da actual planta de tratamento de lodos por parte do anterior Alcade, A. Pensado, do Partido Popular vaian en contra dos lexítimos intereses da cidadanía e da veciñanza de Coristanco”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios