Luns. 20.05.2024
El tiempo

O Camiño organizado vai en aumento

O Camiño organizado vai en aumento
camino-santiago-organizado Trasaldo de equipaxe, aloxamento en casas de turismo rural, seguro, unha guía especializada,... son algunhas das comodidades que ofrece o Camiño organizado Que o Camiño está en auxe vémolo a diario naquelas zonas polas que pasa o camiño de Fisterra a Muxía. Pero nos últimos anos, tamén está en auxe unha nova maneira de facelo: o camiño organizado. Así o constata un estudo presentado pola axencia Tee Travel na que sinala que durante o ano pasado o 20% dos seus clientes elixiron esta modalidade. Unha cifra que se separa moito do 5% dos clientes que facían a prolongación do Camiño ata Fisterra e Muxía de forma organizada. Segundo as estatísticas deste ano, o récord podería superarse debido ao crecemento que rexistra o Camiño de Santiago nos últimos tempos. Ata o mes de maio chegaron a Santiago de Compostela o 9,25% de peregrinos máis que o ano pasado na mesma época e mesmos meses. "Este ano en Tee Travel tamén superaremos as cifras do 2017", sinala Mar Rodríguez, directora da axencia. O Camiño organizado ofrecélle a estes peregrinos "vip" unha gran cantidade de comodidades ao longo de todo o traxecto, tales como o traslado da equipaxe, aloxamento en casas de turismo rural, clases de ioga, suculentas ceas, unha guía especializada, caderno de viaxe, seguro, coche escoba,... Unha forma de facer o camiño diferente pero non válida para todos os petos. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/correos-promociona-o-camino-a-fisterra-e-muxia-cun-mapa-ilustrado-e-editado-en-varios-idiomas/ Fonte    

Comentarios