Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Camiño sen Límites reparte os seus diplomas de agradecemento

O Camiño sen Límites reparte os seus diplomas de agradecemento
camino-sen-limites Os organizadores do Camiño sen Límites visitaron o concello de Carballo para agradecerlle a súa colaboración na iniciativa Os representantes da Federación de ANPAS Costa da Morte - encargados de organizar a II edición do Camiño Sen Límites da Costa da Morte -visitan estes días aos concellos que participaron nos oito roteiros inclusivos levados a cabo este ano. Durante a súa visita, entregan os diplomas de colaboración en signo de agradecemento.
O martes foi o turno dos concellos de Carballo e Fisterra. Onte visitaron Cee onde foron recibidos por Pilar Iglesias e Camola Díaz - concelleiras de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego e Cultura, Deporte e Tempo libre, respectivamente -. Tamén recibiu o seu diploma de agradecemento Protección Civil poña axuda prestada nas diferentes etapas.
En total foron nove os municipios que participaron nesta iniciativa e na que tamén colaboraron activamente (Carballo, Malpica, Cabana, Laxe, Ponteceso, Muxía, Camariñas, Cee e Fisterra).
Asemesmo, os organizadores faranlle o seu particular recoñecemento á concellería de Igualdade do concello da Coruña - por colaborar na difusión do evento -, así como aos colaboradores e colaboradoras, voluntariado e diversas entidades e colectivos que participaron na iniciativa.
A seguinte edición, a terceira, pechará o círculo do binomio Educación - Inclusión, con propostas cooperativas que dende a organización agardar que sexan do interese dos participantes.
Este camiño é unha senda inclusiva que percorre a Costa da Morte pola beira do mar en diferentes etapas adaptadas a todo tipo de necesidades.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios