Venres. 03.05.2024
El tiempo

O CEIP Bergantiños recibe profesor de relixión pero non un especialista en pedagoxía terapéutica

O CEIP Bergantiños recibe profesor de relixión pero non un especialista en pedagoxía terapéutica
ANPA A Granxa do CEIP Bergantinos

Seguimos recollendo queixas dos centros de ensino da bisbarra polos recortes no marco da #LOMCE neste comezo de curso. Onte iamos ata Laxe, onde teñen importantes necesidades de persoal docente. Hoxe toca achegarnos a Carballo, onde o Asociación de Nais e Pais A Granxa do CEIP Bergantiños alza a voz para criticar que a Consellería de Educación non ten sequera respostado ás súas demandas.

Pero é que ademais, a ANPA do centro bergantiñán quere manifestar a súa “máis fonda carraxe” ao ter coñecemento de que o centro vai ser dotado dunha persoa máis para impartir clases de relixión católica mentres non se cobren as necesidades do alumnado que precisa apoio por parte de especialistas en Pedagoxía Terapéutica ou Audición e Linguaxe.

”Ao noso entender quedan claras as prioridades da Consellería á hora de educar ás nosas fillas e fillos, aínda que estamos convencidos de que con rezos e plegarias non van mellorar as capacidades dos nenos e nenas”, denuncian.

Anuncian que en breve realizarán unha asemblea e este será un dos puntos a tratar.

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Manuel Anxo Pardiñas, Presidente ANPA A Granxa.

Comentarios