O Centro de Formación Rutal EFA Fonteboa segue aprendendo a vida real

Non ten parada o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa. Só podemos quitarnos o sombreiro e felicitar o gran traballo que fai este centro. Formación real, formación nas aulas pero, sobre todo, a pé de rúa, como máis se aprende e como máis se involucra aos alumnos.
E podemos tamén erguer a voz e pedir un Centro semellante para a zona de Soneira, ou de Mazaricos, onde de seguro que ten saída.
O seu director, Luís García Fernández envíanos o novo programa de actividades, pensando xa na viaxe a Francia do vindeiro 7 ao 14 de marzo. Pero antes de contala, repasamos as últimas actividades da familia Fonteboa.
Proxecto Sabor Emprendedor

O noso proxecto favorito é o que leva a un grupo de alumnos cada semana ao Mercado de Carballo. Alí levan os produtos da horta que eles mesmos cultivan, coidan, colleitan e venden, aos veciños que teñen a ben premiar o traballo dos pequenos homes do campo.
Visita ao FIMA de Zaragoza

A delegación da EFA estivo un par de días de formación na Fima, a Feira da Maquinaria de Zaragoza. Pasárnono de medo escoitando as explicacións dos especialistas sobre os novos tractores, as novas serras... Aprendendo tamén a última tecnoloxía.
Novas visitas a explotacións

E se onte tiñan unha xornada sobre Instalacións de vacún de leite, máis importante son as visitas, como a fixeron á explotación cunícula Genaro Gómez. Alí estiveron os Alumnos de Grado Medio Explotacións Agropecuarias.

Viaxe a Francia
Xa está armado o Viaxe a Francia, do 7 ao 14 de marzo, para os alumnos do EFA Fonteboa.

Máis información
Novas relacionadas
- Os alumnos do EFA Fonteboa aprenden nas explotacións gandeiras.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos aposta polo futuro no sector gandeiro en tempos de crise.
- Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte.
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- Un exemplo que combina turismo e produción gandeira dende Cataluña.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).