Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa abre o prazo de matrícula para a ESA en modalidade semipresencial

O EFA Fonteboa abre o prazo de matrícula para a ESA en modalidade semipresencial
  O centro de promoción rural EFA Fonteboa, de Coristanco, impartirá no presente curso académico 2018/2019 a Educación Secundaria de Adultos - ESA - na modalidade semipresencial. Este curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos, que non posúen a titulación de Graduado en ESO e menores desta idade que presenten un contrato de traballo. A modalidade de organización dos cursos da ESA na modalidade semipresencial está regulada pola consellería de Educación. No caso de Fonteboa as clases serán os xoves de 17:00 a 21:00 horas. O alumnado acudirá ao centro de ensino un día á semana e opcionalmente ás titorías persoais, seguindo á formación a través dunha plataforma adaptada.  As ensinanzas da ESA están estructuradas en tres ámbitos diferentes: científico-tecnolóxico, comunicación e social. A súa vez, cada ámbito consta de catro módulos de contidos. As persoas interesadas teñen ata o 17 de setembro para formalizar a matrícula e poden ampliar a información no número de teléfono 981 733 051. Fonte

Comentarios