O EFA Fonteboa abre un completo programa de formación apícola

08:34 25/10/18

Queres formarte en materia apícola? Ten a túa familia un potencial na materia? Pois o Centro de Formación Rural EFA Fonteboa, abre un Programa Integral de Formación Apícola dirixido a toda a poboación.
Serán 4 módulos, de introdución, de mantemento e preparación das colmeas, outro sobre a reprodución do apiario e sobre a defensa do mesmo ate as invasoras.
Son xornadas de tarde, de 19:00 a 21:00h, unha vez por semana, dende o 7 de novembro ata o 19 de xuño.
