Venres. 17.05.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa pon en marcha novos cursos abertos a toda a cidadanía

O EFA Fonteboa pon en marcha novos cursos abertos a toda a cidadanía
O Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa de Coristanco poñerá en marcha nos próximos días varios cursos abertos á toda a cidadanía. O primeiro en iniciarse é un Cuso de Benestar Animal que arranca o próximo luns, 16 de abril, e remata o 20 de abril. Serán 30 horas de formación que servirá de acreditación para persoal de granxas e matadoiros e para o transporte de animais vivos. O custe é de 50€ para os socios da Asociación Fonteboa e 100€ para os non socios. Do 23 ao 27 de abril, impartirase un curso de Iniciación á Elaboración de Queixos no que os participantes coñecerán os procesos de elaboración das distintas variedades de queixos galegos, a analizar as iniciativas de transformación do leito e a descubrir outras posibilidades de valoración do leite. A inscrición, na que se inclúe aloxamento e manutención, ten un custe de 200 € para os socios e 250€ para os non socios. E xa durante o mes de maio  - do 21 ao 25 - volverá a impartirse o curso de Elaboración de Queixos e derivados lácteos no que se inclúe, ademais das partes teóricas, a visita a varias explotacións leiteiras da zona. O custe é de 200€ para socios e 250€ para non socios, con aloxamento e manutención inclúido. Os interesados en participar en calquera dos cursos poden anotarse no número de teléfono 981 733 051 ou no endezo electrónico [email protected]. Novas relacionadas Fonte

Comentarios