mércores. 26.03.2025
El tiempo

O Forum Carballo acolle unha xornada sobre aforro enerxético na empresa

O Forum Carballo acolle unha xornada sobre aforro enerxético na empresa

Dentro das actividades de promoción territorial e adquisición de capacidades enmarcadas no programa LEADER que xestiona o GDR “A.D. Bergantiños”, este martes 27 de maio de 2014, desenvolverá en colaboración coa empresa “CO2 Smart Tech” unha xornada práctica sobre o aforro de costes enerxéticos na empresa. A xornada vai dirixida principalmente a directivos e/ou técnicos con responsabilidade sobre aspectos económicos e/ou de xestión técnica relacionada co consumo enerxético en calquera sector de actividade.

Entre outras cousas, abordaranse aspectos relacionados coa determinación de potencialidades para a diminución de consumos, custos energéticos e impactos ambientais na empresa e a determinación da necesidade de implantar un sistema de xestión eficiente da enerxía.

A xornada será de carácter gratuito e se desenvolverá o día 27/05/2014 en horario de tarde de 16:00 a 18:00 horas no Forum Carballo. As prazas son limitadas e reservarase o dereito a asisitir en función da recepción da ficha de inscrición que se pode descargar na web da Asociación e que se deberá devolver debidamente cuberta por e-mail ao enderezo electrónico [email protected] antes das 10:00 horas do día 27 de maio.

Este é o programa:

Programa Aforro Enerxetico

Novas relacioandas

Fonte

Comentarios