xoves. 15.05.2025
El tiempo

O GDR lamenta a perda de numerosos fondos por erros na xestión

O GDR lamenta a perda de numerosos fondos por erros na xestión
GDR Costa da Morte en Vimianzo

O pasado xoves tivo lugar unha importante Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, na que un dos puntos principais era a analizar o novo Programa Leader 2014-2020. I é que xa se sabía que os fondos europeos ían baixar, e así o constatou o novo PDR de Galicia. onde hai unha importante redución de fondos Leader e de grupos. Algo que non entenden dende a Xunta directivaz, pois consideran que “nun momento en que a economía está empezando a “despegar” non se entendería unha redución ás empresas do rural das axudas do Programa Leader”.

"Se hai menos fondos, perde o territorio", recoñece o propio xerente do GDR.

Nivel de execución e retrasos

Ademais, a xuntanza serviu para facer balance do nivel de execución do actual Programa Leader 2007-2013, e as conclusións non foron moi positivas.

En datos, o GDR leva aprobados en firme 94 proxectos por unha inversión de 9.053.355,61€ e unha subvención de 4.016.168,19€, con un total de emprego consolidado de 212 empregos e creado 74 empregos. E o nivel execución ata o de agora non é malo:

  • Ano 2010: 81,22%;
  • Ano 2011: 99,91%;
  • Ano 2012: 97,45%;
  • Ano 2013: 97%;
  • Ano 2014: 99,78%.

Pero dende a entidade lamentan varios puntos que non facilitan a xestión dos fondos. Primeiramente, recoñecen que se perderan os fondos do 2008 e 2009, pois a entidade, despois do proceso de selección de persoal comezou a traballar en novembro de 2009 e ao estar anualizada a financiación do programa e non poder traspasar o sobrante dun ano para o seguinte.

Lembran ademais que empezaran, daquela, a traballar sen un manual de procedemento e sen un programa informático de xestión (“aínda hoxe non temos ningún deles”, recoñecen dende o grupo). Apuntan ademais que “houbo retrasos en AGADER á hora de verificar expedientes, emitir resolucións e de revisar certificacións (posiblemente por falla de persoal)”.

Por se foran poucos atrancos, “no 2014 non se permitiu que os anticipos de subvención computasen á hora de xustificación da anualidade e sen embargo houbo outros departamentos que sí o permitiron, co que se perdeu de xustificar bastantes fondos a nivel de toda Galicia”. Por iso, consideran que “se houbese un sistema de traspaso de fondos sobrantes entre grupos poderíase haber certificado moito mais a nivel de toda Galicia”.

Novo PDR 2014-2020

O MAGRAMA informaba aos GDR o pasado mes de novembro, sobre o Novo PDR do 2014-2020. Hai unha asignación de fondos para o Leader en Galicia no Período 2014-2020 de 84 millóns de € fronte aos 149 M€ do actual período 2007-2013, é decir unha baixada de 65 M€ o que equivale ao 43,6%, a pesares de que para o novo período do Fondos FEADER para Galicia non baixan (tal como sucede nas outras CCAA) senón que aínda suben.

Dado que a UE fixa para cada grupo un mínimo de 3,75 M€, habería unha redución drástica de grupos pasando dos actuais 31 a un número entre 17 e 22. Veremos que acontece cos dous grupos que atinxen á nosa zona, pois os territorios pasarían a ser moito mais grandes e terían menos fondos o que supón un menor apoio aos promotores e estarían mais alonxados das sedes dos GDRs.

Peticións

A entidade ratificou así a que apoiará ás Asociación de GDRs de Galicia na petición de solicitar á Xunta de Galicia que manteñan para o novo período os mesmos fondos que había para o actual (149 Millóns de €). E que non se reduzan o número de GDR actuais, e en caso de reducir grupos que se usasen criterios obxectivos.

Proxectos Aprobados en firme

Ademais, a xuntanza servíu para dar conta dos novos proxectos en marcha:

  • 1.- Melloras tecnolóxicas para a xestión do parque de alimentación, en Grille (Mazaricos). O orzamento ascende a 25.820,00 €, e o importe da axuda sitúase nos 9.037,00 €, o que supón un 35% sobre o total.
  • 2.- Compra de procesadora forestal, en Calabanda (Vimianzo). O orzamento ascende a 120.705,00 €, e o importe da axuda sitúase nos 42.910,63 €, o que supón un 35% sobre o total.
  • 3.- Mellora tecnolóxica de empresa de servizos agrícolas e forestais, Berdoias (Vimianzo). O orzamento ascende a 679.970,00€, e o importe da axuda sitúase nos 237.989,73 € ( 135.354,34€ en firme e 102.635,39€ en reserva), o que supón un 35% sobre o total.

Proxectos Aprobados en reserva:

  • 1.- Creación de pistas de padel en Vimianzo. O orzamento ascende a 358.683,56€, e o importe da axuda sitúase nos 125.539,24€, o que supón un 35% sobre o total.
  • 2.- Creación de consulta especializada de cardioloxía en Vimianzo. O orzamento ascende a 60.850,30€, e o importe da axuda sitúase nos 21.297,61€, o que supón un 35% sobre o total.

Proxectos Revisados

  • “Mellora tecnolóxica en explotación de vacún leiteiro” (Mazaricos).
  • “Compra de maquina colleitadora” (Mazaricos)
  • “Creación dun centro de intermediación comercial” (Cee)
  • “Creación dunha escola de baile” (Camariñas)
  • “Construcción dun estercoleiro en explotación gandeira de carne” (Mazaricos)
  • “Adquisición de equipo de control de celo de vacuno” (Mazaricos)
  • “Modernización de empresa de servicios” (Vimianzo)
  • “Creación novo establecemento de hostalería” (Fisterra)
  • “Adquisición de cisterna de purín con inxectores” (Mazaricos).

O montante total de inversión admitida destes 9 proxectos é de 1.174.880,60 €, e a subvención prevista ascende a 411.819,78 €.
Estes nove proxectos foron enviados a AGADER e agora estase á espera de recibir a verificación do ICE.

Ademais, paralelamente a Deputación de A Coruña concedeu ao GDR unha axuda de 3.349,60€ para un proxecto de Divulgación e Posta en Valor do territorio GDR – Costa da Morte.

Novas sobre o GDR

Proxectos en marcha

Fonte

Comentarios