Venres. 26.04.2024
El tiempo

O número de nacementos anuais leva estancado 20 anos na Costa da Morte

O número de nacementos anuais leva estancado 20 anos na Costa da Morte
Basta baixar ao parque en calquera vila da bisbarra neses primeiros días de sol do ano, para ficar ca sensación de que volveu o “babyboom”. Pero os datos do Instituto Galego de Estatística non paran de contradecirnos. As cifras do crecemento vexetativo seguen asustando e as previsións apuntan a que a Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos. Pero hoxe queremos centrarnos nos nacementos, e botamos o ollo ben atrás, a 1975, para facer contas dos últimos 40 anos. Os datos para nada ratifican a nosa impresión destehipotético boom de natalidade nestes últimos anos, e vemos como se nos anos 70 a cifra de nacementos nas 5 comarcas da bisbarra (nos 18 concellos QPC emais Laracha), case chegaban aos 3.000 por ano, nesta década non chegamos a milleiro. Unha cifra, a dos 800-900 nacementos por ano que se vén mantendo nos últimos 20 anos. Así, nos últimos 40 anos naceron 56.546 persoas nas 5 comarcas da Costa da Morte o que supón unha media de 1.400 nenos ao ano. Unha media que baixa rotundamente dende o ano 1994, momento no que se baixou da 4 cifras, e dende que se vén mantendo un nivel de natalidade de 900 nenos ao ano. Con todo, a década de maior decaimento foron os anos 80, reducíndose á metade o poder reprodutivo da nosa comarca, pasando de nacer 2690 nenos no ano 1979 a 1385 no 1989. A nivel galego as cifras tamén son contudendentes, e se en 1975 nacían case 44.000 nenos, este 2015 non chegaron aos 20.000. Naceron nestes 40 anos arredor do 1.050.000 nenos en Galicia, polas 1.140.000 defuncións sufridas. Un saldo negativo, bastante importante que se fai moito máis patente na última década. Se entre 2005 e 2015 naceron 233.437 persoas, falecían no mesmo período 331.289. Un 30% máis de defuncións que nacementos na última década, sendo a diferencia apenas un 8% se contabilizamos os últimos 40 anos.

Nacementos na Costa da Morte

 

Nacementos en Galicia

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios