Venres. 18.10.2019
El tiempo

O paro se dispara na Costa da Morte en Xaneiro

O paro se dispara na Costa da Morte en Xaneiro
Despois duns meses de bonanza, no verán de 2017, parece que o desemprego ten feito mella na bisbarra e a Costa da Morte acumula o seu cuarto mes consecutivo de perda de emprego. Datos do Paro en Xaneiro de 2018 Xaneiro ofrece un novo incremento mas listas do paro na nosa bisbarra, onde 227 personas sumaban os seus nomes as listas do INEM. O fin da campaña navideña e o mal estado xeral da economía en sectores coma o comercio estaría detrás deste sensible incremento, o maior dos últimos 5 anos segundo a serie histórica. Ainda mais, a bisbarra amosa unha sensible estacionalidade no que a emprego se refire, cunha clara caída nos meses previos e do verán e un repunte igual ou maior nos meses seguites. Así, dende Setembro, a nosa bisbarra perdía case mil empregos (958) nese periodo. Por concellos, Cee (+44), Carballo (+42) e Muros (+39), lideran as subidas, seguidos por Santa Comba (+33) e Camariñas (+26). Por contra, Ponteceso (-10), Vimianzo (-7), Coristanco, Laxe, Malpica (-5) e Corcubión (-3), son os únicos municipios onde a lista do paro diminuíu neste aciago mes de Xaneiro para o emprego. Cabe destacar que Dumbría (+20) suma o seu terceiro mes consecutivo de aumento, un dato no que iguala a concellos coma Cee ou Zas.

Comentarios