O paro sobe en outubro na Costa da Morte
07:13 04/11/16
En outubro rexistráronse un total de 9691 desempregados na Costa da Morte
O paro na Costa da Morte subiu no pasado mes de outubro. O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego a bisbarra subiu con respecto ao mes anterior en 90 persoas situando o total de desempregados en 9691 persoas, segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Emprego.
Fisterra, ao igual ca o mes anterior, foi a comarca desta zona na que máis subiron o número de parados con 85 persoas máis nas listas do antigo INEM. E a de Soneira tamén repite como a comarca na que hai menos parados ca o mes anterior, concretamente 24 persoas.
Por concellos, o de Fisterra foi o que rexistrou un maior incremento de parados, con 58 persoas máis en situación de desemprego. No lado oposto está o de Vimianzo, no que hai 19 persoas menos nas listas do paro.
Novas relacionadas
- Zas abre un ciclo de talleres para axudar a buscar emprego
- O paro medra na bisbarra tras o remate da tempada estival
- Xullo remata con case 700 parados menos na Costa da Morte
- O paro baixa en 600 persoas na Costa da Morte durante o mes de xuño
- Redacción QPC ([email protected])
- Ministerio de Emprego