![datos paro costa da morte]()
En outubro rexistráronse un total de 9691 desempregados na Costa da Morte
O paro na Costa da Morte subiu no pasado mes de outubro. O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego a bisbarra subiu con respecto ao mes anterior en 90 persoas situando o
total de desempregados en 9691 persoas, segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Emprego.
Fisterra, ao igual ca o mes anterior, foi a comarca desta zona na que máis subiron o número de parados con 85 persoas máis nas listas do antigo INEM. E a de
Soneira tamén repite como a comarca na que hai menos parados ca o mes anterior, concretamente 24 persoas.
Por concellos, o de
Fisterra foi o que rexistrou un maior incremento de parados, con 58 persoas máis en situación de desemprego. No lado oposto está o de
Vimianzo, no que hai 19 persoas menos nas listas do paro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Ministerio de Emprego