O paro sobe nos concellos costeiros e baixa levemente nos agrarios
08:15 04/10/17
No caso de Santa Comba e de Mazaricos descendeu levemente o número de desempregados debido á tempada de ensilado do millo
A tempada do ensilado do millo axudou a subir moi levemente o número de contratacións nalgúns dos concellos da bisbarra nos que o sector agrario é o predominante. Tal e o caso de Mazaricos e Santa Comba que durante o pasado mes de setembro incorporaron ao mercado laboral 11 e 10 persoas, respectivamente.
No caso contrario están os municipios costeiros nos que xa rematou a campaña estival. Aquí, o numero de desempregados medrou de forma significativa. Concretamente, destacan os casos de Muros (con 54 novos desempregados) e Cee (con 44). resto dos municipios da Costa da Morte pecharon o mes con máis desempregados que no mes anterior.
Así se desprende dos datos publicados onte polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A 30 de setembro a Costa da Morte contaba xa con 7.804 persoas nas antigas listas do INEM.
Máis datos
No resto da comunidade a tendencia foi similar. É dicir, cun aumento do número de desempregados ainda que dende a secretaría xeral de Emprego indica que os datos son mellores que os de setembro do ano pasado. No conxunto do estado español tamén se cumpriu a regra dos últimos anos: remata o verán e sobe o paro. En total, sumáronse durante o mes de setembro 27.859 desempregados máis.
Novas relacionadas
- O paro diminúe levemente no mes de agosto
- O paro baixa máis de 500 persoas durante o mes de xullo na Costa da Morte
- Xuño deixa 500 parados menos na Costa da Morte
- O paro baixa en case 430 persoas en marzo
- O paro baixa en febreiro
- O paro sobe en xaneiro tras finalizar a campaña de Nadal
- O paro sobe en outubro na Costa da Morte
- O paro medra na bisbarra tras o remate da tempada estival
- Xullo remata con case 700 parados menos na Costa da Morte
- O paro baixa en 600 persoas na Costa da Morte durante o mes de xuño
- Redacción QPC ([email protected])
- Ministerio de Emprego